O movimento das coisas
- 85 min.
Un día de traballo nunha aldea do norte de Portugal. Camiños desertos de vento inquietante. Catro vellas, o campo, o pan, as galiñas. Historias de acenos saboreados en palabras mineralóxicas. Unha familia de dez fillos nunha granxa somérxese na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis aló, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, a veranda, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a feira. Nese lugar, Isabel móvese coa ollada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e a tardiña.
-
Fóra de serie
O movimento das coisas
Versión lingüística:VOSGFormato:DCPPresenta: Carlos Martínez-Peñalver Mas
-
-
-
- Ano:1985
- Países de produción: Portugal
- Guión: Manuela Serra
- Fotografía: Gerard Collet