![Noche de circo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/noche_de_circo.jpg?itok=SctCuXU8)
Noche de circo
Gycklarnas afton
Åke Grönberg, Harriet Andersson, Hasse Ekman, Gudrun Brost, Anders Ek
- 93 minutos
O circo Alberti chega a unha pequena cidade, onde organizan un desfile polas súas rúas que acaba coa detención dos seus responsables. O xefe da troupe, Albert, mantén unha aventura cunha das súas traballadoras, Anne. Mais cando o home, unha vez perdida a fe no circo, decide volver coa súa familia, ela lánzase aos brazos do galán Frans. Por suposto, as cousas non acaban así. É Bergman. O asunto complícase un pouco máis.
No seu momento recibida de forma máis ben negativa pola crítica e con escaso público, reivindicouse nos últimos tempos coma un dos grandes filmes clásicos do realizador sueco, no que explora algúns dos seus temas predilectos coma o desexo ou o sentimento de culpa dende unha perspectiva mordaz.
- Ano:1953
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Hilding Bladh, Sven Nykvist
- Montaxe: Carl-Olov Skeppstedt
- Produtora(s): Sandrews
Escena do filme
Versión orixinal subtitulada