
Nausicaä del valle del viento
Kaze no Tani no Naushika / 風の谷のナウシカ
Sumi Shimamoto, Goro Naya, Yoji Matsuda, Yoshiko Sakakibara, Iemasa Kayumi (voces)
- 116 min.
Mil anos despois dunha guerra mundial catastrófica, a humanidade sobrevive a duras penas a beiras dun bosque contaminado con gases tóxicos e insectos mutantes xigantes, que cobren gran parte da Terra. O Val de Vento é un reinado minúsculo, rodeado de reinos máis poderosos e hostís. Nausicaä é a princesa do Val do Vento e única filla do rei; gran piloto e guerreira, é tamén compasiva e solícita de toda vida; trata de atopar un sentido ao bosque contaminado e resístese a ver os insectos como inimigos, sobre todo aos Ohms, artrópodos xigantescos e temibles cos que ten unha estraña simpatía. A crise estala cando o reino veciño de Tolmekia, ao mando da princesa Kushana, invade a vila e tenta revivir un mortífero “Deus da guerra”, dos tempos da gran guerra, para triunfar contra os seus inimigos e contra o bosque contaminado.
Película de animación xaponesa do mestre Hayao Miyazaki e inspirada na novela gráfica homónima publicada en 1982 polo mesmo autor. Nausicaä del valle del viento considérase a primeira película de Miyazaki no Studio Ghibli a pesar de que o estudio se creou ao ano seguinte da estrea de Nausicaä, pero o equipo da película é co que traballará dende entón o cineasta. O amor pola natureza e o coidado do medio ambiente, preocupacións que percorren toda a obra de Miyazaki, atravesa toda a historia protagonizada por Nausicaä, espírito libre, guerreira feroz e auténtica heroína feminina chea de optimismo, tenrura e forza.
-
Filmoteca Júnior
Nausicaä del valle del viento
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada gratuíta. (+10)
- Ano:1984
- Países de produción: Xapón
- Guión: Hayao Miyazaki
- Fotografía: Koji Shiragami
- Montaxe: Tomoko Kida
- Produtora(s): Toei
-
Crítica do filme
Fernando Cid (Miradas de Cine)
Fragmento do filme
Multiaudio e multisubtítulo