Muerte de un ciclista
Lucía Bosé, Alberto Closas, Bruna Corrà, Carlos Casaravilla
- 83 min.
Un profesor universitario e a súa amante, unha muller casada, atropelan un ciclista. Para non ter que dar explicacións á policía, foxen do lugar. Todo se complica máis aínda cando unha testemuña do suceso pretende facerlles chantaxe.
-
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
Muerte de un ciclista
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1955
- Países de produción: España, Italia
- Guión: Juan Antonio Bardem
- Fotografía: Alfredo Fraile
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
José Luis Castro de Paz
Coproducción hispanoitaliana, Bardem mostra nela unha decisiva influencia do Antonioni de Cronaca di un amore (1950), que non se limita á presencia de Lucia Bosé ou a un relativamente similar conflicto argumental, senón que busca activar politicamente certos rasgos da escritura do cineasta italiano (comentarios a través da montaxe e os cambios de plano, composicións con profundidade de campo por medio da cal a lonxanía entre os protagonistas na solitaria paisaxe remarca a culpabilidade e a crise de conciencia...) e incorporalos con éxito a un film que, dadas as circunstancias do pais e as limitacións impostas pola censura trata de ofrecer discurso rexeneracionista pola vía da metáfora. De feito, a posta en evidencia do medo e a inseguridade moral que, rota a precaria estabilidade alcanzada nas súas adulteras relacións (tras atropelar e deixar morrer a un ciclista para non ser descubertos), atenaza a María José, esposa dun rico empresario, e Juan, profesor de universidade, constitúe unha transparente reflexión sobre o desencanto e a necesaria busca de autenticidade persoal e moral dunha xeración que, contándose entre os vencedores do guerra civil e utilizando no seu propio beneficio as prebendas da nova situación, toma conciencia da esencial inxusticia sobre a que esta se asenta.