Matar a un ruiseñor
To Kill a Mockingbird
Gregory Peck, Mary Badham, Brock Peters
- 129 minutos
Rigoroso, afouto, xusto e respectable, Atticus Finch é un avogado que defende un home negro acusado de violar unha muller branca. Mergullados na época da Gran Depresión e nunha poboación sureña, Atticus acepta o caso coñecendo as evidencias da inocencia do home, mais tamén as consecuencias e inimigos que pode xerar arredor de si. Atticus vai gañarse a admiración e o amor incondicional dos fillos, orfos de nai. Adaptación da famosa novela homónima de Harper Lee, a evasiva, sensible e xenial escritora sureña, sen dúbida a máis memorable das producións do dúo Alan J. Pakula e Robert Mulligan, así mesmo director (Verano del 42; El otro). Gañadora de 3 Óscars –entre eles Gregory Peck no papel da súa vida- e outros 3 Globos de Ouro, destacan o medido guión de Horton Foote, a banda sonora de Elmer Bernstein, o camarógrafo Russell Harlan ou un silandeiro e incipiente Robert Duvall.
-
Filmoteca Júnior
Matar a un ruiseñor
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde (+11 anos).
-
-
- Ano:1962
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Horton Foote; sobre a novela de Harper Lee
- Fotografía: Russell Harlan
- Montaxe: Aaron Stell
- Produtora(s): Pakula-Mulligan Production, Brentwood Production