![Mabel's Strange Predicament](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/mabels_strange.png?itok=-cvF4zqX)
Mabel's Strange Predicament
Mabel Normand, Charles Chaplin
- 17 minutos
Unha produción Keystone dirixida e protagonizada pola desgrazadamente fuxidía Mabel Normand. Para a Historia, nada menos que a presentación en sociedade do personaxe de vagabundo que Chaplin habería madurar durante años, primordial na súa obtención de celebridade e respecto profesional. Un Charlot moi bébedo entra ao vestíbulo dun hotel para telefonar, mais carece de diñeiro. Topa contra unha elegante señora, enguedéllase coa correa do seu can e cae ao chan. Logo bate con ela no corredor e péchaa no seu cuarto. Corren por diversos cuartos e Mabel acaba agochada baixo a cama dun señor maior cando entran a esposa celosa e o amante de Mabel…
-
Pioneiras do cine (I)
Mabel's Strange Predicament
Mabel's Blunder
Caught in a Cabaret
Mabel Lost and Won
Proxección despois de '49-'17. Entrada de balde.
- Ano:1914
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Henry Lehrman
- Fotografía: Hans F. Koenekamp, Frank D. Williams
- Produtora(s): Keystone Film Company