¡Lumière! Comienza la aventura
Lumière!
Thierry Frémaux, Martin Scorsese, François Clerc
- 90 minutos
Percorrido do director artístico do festival de Cannes, Thierry Frémaux, pola obra dos irmáns Lumière, partindo do arquivo de Lión, no que mestura a montaxe destes materiais con entrevistas a diversas personalidades do cine arredor da filmografía dos cineastas.
- Ano:2016
- Países de produción: Francia
- Guión: Thierry Frémaux
- Montaxe: Thierry FrémauxThomas Valette
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada
Lonxe do 'biopic' e do documental. Preto do filme de montaxe. Homenaxe, restauración e análise, todo á vez. ¡Lumière! Comienza la aventura é unha proposta bastante particular, un filme lúdico e por suposto histórico, mais ao tempo moi didáctico.
Thierry Frémaux, coñecido sobre todo por dirixir o festival de Cannes, tamén participa da restauración e exhibición do cine clásico (mudo e silente) dende o Instituto Lumière de Lión e o festival que se realiza por estas datas na mesma cidade (este ano, por exemplo, con retrospectiva dedicada a Henri-Georges Clouzot). De alí, dos arquivos de Lión, xorde esta película que presenta 108 das 1.422 curtas de 50 segundos de duración que realizaron os irmáns Louis e Auguste Lumière e os seus operadores.
De Lión a Kioto, de París a Barcelona, de Marsella a Berlín, de Biarritz á Martinica, de Xenebra a Chicago, de Dublín a Xerusalén. O cine primitivo como coñecemento do mundo. Frémaux comenta as 108 películas e analiza os logros e estilo dos Lumière á vez que explica as técnicas de rodaxe cunhas cámaras que, non se esqueza, carecían de visor: pura intuición, a arte instantánea.
Nunca antes viramos títulos como La salida de los obreros de la fábrica Lumière, El regador regado, Llegada del tren a la estación de La Ciotat ou La partida de cartas, rodados en 1895 coa cámara-proxector inventada polos Lumière, o cinematógrafo, coa calidade visual que presenta agora esta montaxe de Frémaux.
E esta calidade visual tras unha paciente restauración dixital permite agora, porque antes era imposible por mor do pésimo estado no que se conservaban os orixinais e as copias, comprobar o traballo dos Lumière coa profundidade de campo, as perspectivas en diagonal e os movementos de cámara para retratar tanto unha estampa familiar en vacacións, como a fantasmal entrada dun tren nunha estación que aterrorizou os primeiros asistentes a unha proxección cinematográfica máis que un filme de Drácula ou de Jack o Destripador.
Quim Casas, El Periódico