A liña política
Xosé Barato, María Vázquez, Alberto Rolán, Sonia Méndez
- 21 minutos
María ten un traballo estable e é unha muller autosuficiente. A enfermidade do seu pai lévaa a examinar emocións e pensamentos enfrontados. Juan dá clases como profesor de música e mantense ocupado tocando onda os amigos. A idade e o tempo convertérono nunha persoa máis reflexiva, mais inevitablemente hermética. María e Juan, unidos sentimentalmente no pasado, manteñen unha relación de amizade e preocupación mutua. Aínda que as pegadas e cicatrices da súa experiencia común marcan unha liña de separación entre ambos, unha serie de encontros e desencontros levaranos a un pequeno momento de comprensión e sinceridade un co outro.
- Ano:2015
- Países de produción: España
- Guión: Santos Díaz, Pablo García Canga
- Fotografía: Lucía G. Pan
- Montaxe: Santos Díaz
- Produtora(s): Ángel Santos, Analía G. Alonso, Y La Nave Va