Letters to Paul Morrissey
Joe Dallessandro, Xavi Sáez, María Fajula, Almar G. Sato, Saida Benzal, Andrea Carballo, Agnès Llobet
- 80 minutos
Armand Rovira lánzase á tarefa de filmar cartas para enviarllas a Paul Morrisey, director de Trash, Flesh e Heat, colaborador de Warhol e representante da Velvet Underground. Usando unha cámara de 16 mm (seica a mesma que filmou o "Magical Mistery Tour" dos Beatles e antes pertenceu a Cassavettes), reúne unha serie de misivas desde diferentes partes do mundo, e de personaxes dispares, que tocan desde o existencialismo bergmaniano ata a ciencia ficción ao estilo de La Jetée. [Catálogo Festival de Sevilla 2018]
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Armand Rovira, Saida Benza
- Fotografía: Edu Biurrun
- Montaxe: Armand Rovira
- Produtora(s): Dynamite Films SL, From Outer Space SL