L'Amour fou
Bulle Ogier, Jean-Pierre Kalfon, Andre S. Labarthe, Denis Berry, Michèle Moretti
- 254 min.
Claire e Sébastien viven xuntos en París e forman a parella perfecta: ela é actriz e el director teatral. Os dous prepáranse para traballar nunha produción de Andrómaca de Racine dirixida por Sébastien. Mais Claire séntese incómoda durante os ensaios e, para sorpresa de todos, abandona abruptamente o teatro. Sen pensalo moito, Sébastien reemprázaa por Marta, a súa exmuller. Cando, despois dos ensaios, a parella se encontra no seu apartamento, os celos aumentan e a traxedia teatral vaise infiltrando nas súas vidas, o que os leva a perder o control.
- Ano:1969
- Países de produción: Francia
- Guión: Marilú Parolini, Jacques Rivette
- Fotografía: Alain Levent (35mm.), Etienne Becker (16mm)
- Montaxe: Nicole Lubtchansky, Anne Dubot
- Produtora(s): George de Beauregard, Marceau-Cocinor, Sogexportfilm