
À la recherche du mari de ma femme
Al-bahez aan caugh leimraati / البحث عن زوج امرأتي
Bachir Skirei, Mouna Fettou, Naima Lemcherki, Amina Rachid, Fatima Moustaid
- 88 min.
Un xoiero de Fez de avanzada idade casa coa súa terceira esposa, a belísima Houda. Dedido a un incidente cun vendedor debe repudiala. Pero pronto se arrepinte.
- Ano:1993
- Países de produción: Marrocos
- Guión: Farida Ben Lyazid
En Nosferatu n° 19, Cine e Islam
Jesús Angulo
O parecer, Al-bahez gan caugh feimraati vai camiño de convertirse nun dos maiores éxitos de taquilla da historia do cine marroquí. Para conseguilo, Tazi decidiu internarse, por primeira vez na súa curta filmografía, nos difíciles vericuetos da comedia. Vendo o resultado, non cabe a menor dúbida de que o realizador organizou de forma milimétrica tódolos elementos da película para conseguir conectar cun público o máis amplo posible. E tampouca hai dúbida: faino con enorme habilidade. (...)
A acción desenvólvese así con soltura, sen sobresaltos, dentro das máis inequívocas convencións costumbristas. Outro tanto ocorre co seu empaque formal, apoiadonunha fotografía cálida e colorista, que recrea habilmente unha atmosfera mediterránea excelentemente conseguida polo operador alicantino Federico Ribes (...). A referencia, na secuencia final, á cuestión das pateras resume por si soa o ton xeral da película. Breve, concisa, irónica e, esta vez si, contundente.