La carpa de circo
Thamp
Bharath Gopi, Nedumudi Venu
- 129 minutos
Thamp é unha película poética e alegórica que explora con delicadeza a transitoriedade das relacións humanas e o desarraigamento dos marxinados. A chegada dunha compañía de circo ambulante nunha bucólica aldea desencadea unha serie de efectos. Ao estilo cinéma-vérité, Aravindan formou unha troupe de verdadeiros artistas circenses e viaxou con eles ata o pobo de Thirunavaya nas marxes do río Bharathapuzha. O primeiro día montouse a carpa e convidouse a todos os habitantes da aldea para ver o espectáculo.
Restaurada por Film Heritage Foundation, The Film Foundation’s World Cinema Project e a Fondazione Cineteca di Bologna en Prasad Corporation Pvt. Ltd’s Post – Studios, Chennai e no laboratorio de L’Immagine Ritrovata Laboratory en Bologna, en colaboración co produtor K. Ravindranathan Nair de General Pictures, e a familia de Aravindan Govindan.
- Ano:1978
- Países de produción: India
- Guión: Aravindan Govindan
- Fotografía: Shaji N. Karun
- Produtora(s): General Pictures, Kollam