La aldea maldita
La aldea maldita
Carmen Viance, Pedro Larrañaga, Amelia Muñoz, Pilar Torres, Ricardo Núñez, José Baviera, Modesto Rivas
- 58 minutos
Castela a Vella, 1900. Un labrador que malvive do campo xunto coa muller e o fillo decide probar sorte na cidade.
- Ano:1930
- Países de produción: España
- Guión: Florián Rey
- Fotografía: Alberto Arroyo
- Montaxe: Gaby Peñalba
- Produtora(s): Pedro Larrañaga, Florián Rey
Sobre a composición da música para La aldea maldita
José Nieto
Hai unha diferenza básica co sonoro: aquí aparece cando cómpre e desaparece cando non. Iso condiciona moito a escritura. No cine silente non se trata de suplir efectos, senón que non hai outro son que non sexa a música. O cine sen son é un espectáculo imposible e desagradable, nunca existiu iso que os americanos chaman silent movie. Foi non falado, mais nunca sen son. Desde o punto de vista técnico debes idear a partitura doutro xeito, sabes que uns momentos terán máis importancia que outros, xogas coas densidades para non facela aburrida e consideras que perdes o contraste co silencio, que é un bo efecto dramático. E outro problema é a sincronización, porque hoxe traballamos cuns metrónomos e equipos que nos permiten axustar a música e gravar fragmentos breves. Mais se tes que interpretala en directo ou gravala dun tirón sen as referencias habituais, debes prevelo na escritura.
Declaracións extraídas de Cueto, Roberto (2003): El lenguaje invisible: entrevistas con compositores del cine español, Festival de Cine de Alcalá de Henares, p. 405.