
Kawaita hana (Flor pálida)
Ryô Ikebe, Mariko Kaga, Takashi Fujiki, Chisaki Hara, Eijirô Tôno, Seiji Miyaguchi.
- 94 min.
Baseada nunha novela de Shintarô Ishihara —famoso retratista da mocidade xaponesa da época—, Flor pálida permitiu a Shinoda realizar unha incursión no cine da yakuza sen seguir os clixés do xénero.
O protagonista, farto e confuso como moitos dos mozos que habitan as fitas de Shinoda nesta época, lánzase a unha carreira de sacrificio e derrota, non polos valores da ética yakuza, senón polo seu irrefreable desexo de beleza. Neste caso, o obxecto do seu desexo é unha moza rica na procura de emocións fortes que a saquen do seu aburrimento.
Foto: ©1964/2022 Shochiku Co., Ltd.
- Ano:1964
- Países de produción: Xapón
- Produtora(s): Shochiku