
Inocencia y juventud
Young and Innocent
Nova Pilbeam, Derrick De Marney, Percy Marmont, Edward Rigby
- 80 minutos
Nunha dura noite de tormenta un home e unha muller discuten violentamente. Pouco despois, o mozo Robert Tisdall encontra o cadáver da rapaza na beira dun río. É unha actriz coa que Robert mantivera relacións. Ignorando que está morta, Robert é visto por dúas testemuñas e considerado por elas e a policía o asasino. “Un filme de ritmo trepidante que ofrece suspense e melodrama (…). Young and Innocent ten un “discreto encanto” como diría o New York Times, e nunca se produce unha confrontación entre o seu realismo e o seu romanticismo. As interpretacións son todas convincentes, aínda que lixeiras. Nova Pilbeam era unha das máximas estrelas mozas de Inglaterra, e Derrick de Marney, un ídolo das matinais do momento, cadrou no seu papel da mesma maneira que Cary Grant cadraría máis adiante en papeis semellantes en América” (Robert Harris y Michael S. Lasky, The Films of Alfred Hitchcock).
- Ano:1937
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Charles Bennett, Edwin Greenwood, Anthony Armstrong, Gerald Savory; Josephine Tey (novela)
- Fotografía: Bernard Knowles
- Montaxe: Charles Frend
- Produtora(s): Gaumont British Picture Corporation