![Hotel Monterey](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/hotel-monterey.jpg?itok=SWr2jOxV)
Hotel Monterey
- 65 minutos
A cámara estática de Akerman encadra a entrada frontalmente, certo corredor, o interiror do ascensor… Enmarcados, fixados no cadro, planos compostos de liñas, volumes e baleiros, obxectos de fascinación e documentación arquitectónica. Finalmente un longo travelling fai un varrido a través dunha paisaxe, non ao nivel do chan, senón onde a parte máis alta do edificio atópase co ceo.
- Ano:1972
- Países de produción: Bélxica
- Guión: Chantal Akerman
- Fotografía: Babette Mangolte
- Montaxe: Geneviève Luciani
- Produtora(s): Chantal Akerman