
HLM Pussy
Bérénice Bejo, Leah Aubert, Médina Diarra
- 101 min.
A pesar das súas diferentes orixes sociais, Amina, Djeneba e Zineb son tres adolescentes inseparables e mellores amigas desde que teñen uso de razón. Cando Zineb sofre acoso por parte do mellor amigo do irmán, Amina decide publicar un vídeo comprometedor nas redes sociais coa esperanza de que deixe de acosala. O que non sabe é que o vídeo non só porá en perigo a súa seguridade, senón que tamén porá a proba a súa amizade.
- Ano:2023
- Países de produción: Francia
- Guión: Nora el Hourch, Éléonore Gurrey, Sara Wikler, Raphaëlle Richet, Violaine Bellet, Nathalie Saugeon
- Fotografía: Maxence Lemonnier
- Montaxe: Quentin Jourde d'Arzac
- Produtora(s): Manny Films, La Prod, Moon A Deal Films
Trailer
VOSE
Manual necesario de cine de denuncia para a Xeración Z
Fernando Bernal (Cinemanía)
A ópera prima de Nora el Hourch inscríbese nesa tradición de películas que transcorren nos suburbios das grandes cidades francesas, onde os rapaces tratan de se forxar un futuro que mira máis aló da propia banlieue. Na súa achega ao xénero, a cineasta incorpora temas de reflexión nas súas tramas que resultan urxentes e actuais. O filme está protagonizado por tres amigas, que deciden divulgar o vídeo en que outro mozo acosa sexualmente a unha delas. A viralidade da publicación en redes sociais propicia que se resinta a inquebrantable amizade entre as amigas (un dos motivos centrais da película) e tamén serve para tratar as consecuencias destes coraxosos xestos de denuncia.
Nora el Hourch conduce o seu material narrativo desde a dozura da planificación e a aparente lixeireza da súa posta en escena, mais non evita os momentos en que a tensión do relato estoupoa en violencia e tensión. Un debut que aposta, de maneira totalmente consciente, por resolver os conflitos de forma un tanto naif, mais que se converte nunha necesaria denuncia das relacións non consentidas, á vez que reclama voz para colectivos racializados na súa loita por conseguir a igualdade de oportunidades fronte ás clases máis favorecidas.