![Historias de la radio](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/12629_pepe_isbert_y_bobby_deglane.jpg?itok=-dC_AFfP)
Historias de la radio
Francisco Rabal, Margarita Andrey, Tony Leblanc, José Luis Ozores
- 92 min.
Tres relatos independentes conectados polos concursos da radio: dous inventores que necesitan cartos para unha patente, un ladrón ocasional descuberto por unha chamada telefónica e un rapaz que necesita o premio para custearse unha operación quirúrxica.
-
-
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
Historias de la radio
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1955
- Países de produción: España
- Guión: José Luis Sáenz de Heredia
- Fotografía: Manuel Beringola
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Román Gubern
Historias de la radio foi un afortunado híbrido de comedia de costumes - cun aspecto documental reforzado pola presencia de personaxes populares na época: o locutor Bobby Deglané, o torero Rafael Gómez «El Gallo», o futbolista Luis Molowny-, de sainete e de sermón moralista-fernurista. Os tres casos expostos mostraban exemplos de necesidade económica acuciante que, como esixe toda comedia, eran finalmente satisfeitos. E nos tres desempeñaba un importante papel a compasión humana, aportando a pincelada sentimental. O que non impedia que se mostrasen algunhas escenas de especial crueldade, como aquela na que Pepe Isbert, un anciano inventor en apuros, se pelea grotescamente vestido de esquimal con outro concursante en idéntico atavio, nas escaleiras de Radio Madrid, para intentar chegar primeiro o estudio. No seu dia dixose que esta escena cómico-patética era unha réplica desgarradamente espariola da matanza de obreiros nas escalinatas de Odessa en O acorazado Potemkin.