Herbaria
- 83 minutos
Ensaio fílmico no que o crítico e programador arxentino Leandro Listorti propón unha viaxe á preservación botánica e cinematográfica, explorando, nos seus procesos cuase invisibles, as derivas artísticas e políticas que conectan os dous mundos. A partires dunha narrativa que funde tempo e espazo, as imaxes convidan ao fascinante universo de preservar a beleza e a memoria dun mundo que insiste en desaparecer. A película conta coa participación de destacados cineastas experimentais como Narcisa Hirsch ou Claudio Caldini, que precisamente traballan nas súas películas sobre as cualidades matéricas do celuloide, investigando os seus procesos táctiles e biolóxicos. O autor de Los jóvenes muertos e La película infinita, presenta esta película, premiada en Mar de Plata, na Filmoteca de Galicia.
-
Desencadres
Herbaria
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio con Leandro Listorti
- Ano:2022
- Países de produción: Argentina
- Guión: Leandro Listorti
- Fotografía: Fidel González Armatta
- Produtora(s): MaravillaCine, Weltfilm