Familia sumergida
Mercedes Morán, Marcelo Subiotto
- 91 minutos
A vida de Marcela tórnase máis vulnerable e estraña logo de sufrir a morte da súa irmá Rina. Marcela ten tres fillos postadolescentes e un marido máis ou menos ausente. Séntese perdida na súa propia casa e as conexións coa súa contorna próxima familiar están perturbadas. Daquela, aparece pola casa Nacho, un amigo da filla, a quen lle cancelaron unha viaxe de traballo, e xuntos comparten conversas e paseos. Entre presencias reais e lembranzas espectrais, Marcela comeza a vivir unha viaxe interior. Premio Horizontes no Festival de San Sebastián, participa en Locarno e leva premios en Lima ou en Arxentina atendendo tanto ao traballo da directora, María Alché, coma ao da súa protagonista, a excelente Mercedes Morán.
- Ano:2018
- Países de produción: Argentina
- Guión: María Alché
- Fotografía: Hélène Louvart
- Montaxe: Lívia Serpa
- Produtora(s): Pasto Cine