El techo del mundo
Tout en haut du monde
- 81 minutos
A partir dos 6 anos.
1882. San Petersburgo. Sasha, unha moza da aristocracia rusa, estivo sempre fascinada pola vida aventureira do seu avó Olukin. Explorador famoso, fixo construír un magnífico barco rompexeos, o Davai, que non regresou da súa última expedición á conquista do Polo norte. Sasha decide partir cara ao Gran Norte seguindo a pista do seu avó para recuperar o famoso barco.
Premio do público no Festival de Annecy, El techo del mundo é a primeira longametraxe de Rémi Chayé, que xa traballara en El secreto del libro de Kells (2009) e Kérity, la casa de los cuentos (2009). Animación singular de gran beleza, realizada en cores planas, sen contorno, que ás veces rozan a abstracción pero que dotan de gran forza e personalidade a historia. A natureza, protagonista da película, asiste á transformación da protagonista que con determinación e coraxe deberá evolucionar nun ambiente realmente hostil pero ao mesmo tempo engaiolador.