El rostro
Ansiktet
Max von Sydow, Ingrid Thulin, Gunnar Björnstrand, Åke Fridell, Naima Wifstrand, Bibi Andersson
- 101 minutos
Un vehículo entre a néboa na Suecia de mediados do século XIX. Nel viaxan o mago e hipnotizador Vogler, a muller e a axudante e máis unha vella menciñeira. Ao ser branco das críticas do doutor Vergerus nunha das vilas nas que paran, esta compañía de artistas ambulantes vese obrigada a defender a súa honra nunha representación.
-
Crítica da edición en blu-ray de Criterion
por David Blakeslee
Escena do filme
Subtitulada en portugués
Images: My Life in Film
Ingmar Bergman
Dirixín obras en escena no teatro da cidade de Malmö entre 1952 ata os comezos de 1959. Consecuentemente, El rostro, nado no verán de 1958, reflicte as miñas vivencias dese tempo [...]. En comparación, tiñamos unha relación salientablemente pálida cos habitantes da cidade e moi pouco contacto con xente de fóra. Cando era o director xerente do teatro en Helsingborg, as cousas eran ben distintas. A xente de Helsingborg pensaba que era moi divertido que actores visitasen a cidade [...]. Convidábanos a castelos e mansións se cantabamos, liamos ou actuabamos para eles. Sentiámonos enredados e totalmente involucrados na vida da cidade. A hospitalidade e o ambiente eran magníficos. Malmö, porén, era unha cidade diferente [...], a xente mostraba un interese amigable polo que faciamos, mais relacionabámonos só entre nós a maior parte do tempo.
O público para o que actuabamos, mais co que non pasabamos tempo, está representado en El rostro pola familia do cónsul Egerman. O cónsul é un amigable e ferreño entusiasta que desexa manter as distancias e formular regras e que, por motivos comprensibles, sente pánico cando descobre que a muller se relaciona coa chusma. No mundo do teatro sufrimos decote da ilusión de que somos atractivos mentres permanezamos enmascarados. O público pensa que nos ama cando nos ve á luz do noso traballo e da nosa imaxe pública. Mais se se nos ve sen máscaras, transformámonos instantaneamente en menos que nada. [...] No meu recordo, o xefe de policía en El rostro é unha diana conscientemente calculada. Representa os meus críticos. Eu era un bromista máis ben de boa natureza con todos os que querían que non me saíse do rego e controlarme. [...]
O oficial de saúde [...] naceu dun desexo irresistible de vingarme un chisco de Harry Schein. Schein era o crítico de cine na revista literaria Bonniers, que na altura era un órgano cultural de peso. Schein é intelixente e arrogante e o que escribía facía eco nos seus círculos. Sentía que me trataba dun xeito demasiado humillante, aínda que el máis tarde insistise en que non o facía.
Mais o punto central da historia, por suposto, é a andróxina Aman/Manda. É sobre ela e a súa enigmática personalidade que todo xira. Manda representa a crenza no sacro dos seres humanos. Vogler, ao contrario, xa se rendeu. Traballa na forma máis cativeira de teatro que existe, e ela sábeo [...]. Se Vogler é un mago que, mesmo se está xa máis que canso de repetir unha e outra vez os seus trucos sen sentido, continúa a facelo; Tubal é o explotador, o comerciante da arte. Tubal é Bergman, o director, que tenta convencer a Dymling, o responsable do estudio, da utilidade e cualidade da súa última película [...].
Tirado da biografía de Ingmar Bergman, Images: My Life in Film, Bilder, (Norstedts Förlag, Estocolmo, 1990)