
Dunia y el eco del tambor
Dounia, le grand pays blanc
- 55 min.
Dunia e os seus avós instálanse en Canadá, un novo país que, a pesar de ser frío, se converte na súa cálida casa de acollida despois de marchar de Siria. Alí atoparán moitas cousas distintas: a lingua, comidas descoñecidas e estacións que non viviran antes. A pesar desta diversidade, Dunia e os seus avós descobren a beleza da multiculturalidade, mentres fan novas amizades. A través da súa relación con Rosalie e Miguizou, Dunia vese arrastrada ao mundo da música e descobre un poder transformador que ilumina a súa nova vida.
Dunia y el eco del tambor é a segunda parte de Dunia y otros cuentos del mundo, que conta a historia dunha nena siria que abandona a súa casa e emprende unha perigosa viaxe cos avós para fuxir da guerra. Marya Zarif, codirectora de ambas as películas, creou a personaxe de Dunia para dar voz aos nenos refuxiados dio mundo todo. Con esta película convídanos a descubrir a beleza da multiculturalidade e o poder transformador da música e da amizade.
-
Filmoteca Júnior
Dunia y el eco del tambor
Versión lingüística:VEFormato:DCPEntrada gratis (+5 anos).
- Ano:2023
- Países de produción: Canadá, Francia
- Produtora(s): Haut et Court, Tobo Média
Trailer
Versión castelá