![Documento sobre Fårö 1979](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/faro.jpeg?itok=nU5OhVyP)
Documento sobre Fårö 1979
Fårö-dokument 1979
Annelie Nyström
- 103 minutos
Nun dos poucos documentais – e á vez secuela – que fixo na súa carreira, Bergman realiza un retrato da illa de Fårö, na que pasou boa parte da súa vida. As filmacións das tarefas diarias, os costumes e rituais intercálanse con entrevistas aos seus habitantes, mentres reflexiona sobre o paso do tempo nese territorio, ao comparar as novas filmacións coas que fixera en 1969 no primeiro filme desta serie.
- Ano:1980
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Arne Carlsson
- Produtora(s): Cinematograph AB, SVT Drama
-
In Search of Ingmar – W Magazine
Reportaxe de W Magazine sobre a vida de Ingmar Bergman na illa de Fårö (só en inglés):
Sobre a relación de Bergman coa illa de Fårö
Fundación Ingmar Bergman, só en inglés
Fårö Document 1979
Fundación Ingmar Bergman
Ingmar Bergman comentaba a xénese do filme nunha entrevista de Röster i Radio-TV: “Fårö Document 1979 [...] está dedicada aos habitantes de Fårö. Fårö Document mostrouse hai dez anos, e esta película é a continuación do que se filmou daquela”.
“Mesmo nese momento tiven a sensación de que non podiamos deixalo nunha parte”, di Ingmar Bergman. “Tanto Sven Nykvist coma min sentiamos que quedaba moito por facer. O primeiro filme fíxose en pouco tempo, seis semanas a inicios da primavera de 1969. O gran proxecto nunca chegou a materializarse e por varios motivos tivemos que deixalo nun caixón”.
No verán de 1976 Ingmar Bergman pasou seis semanas na súa casa de Fårö e foi daquela cando reviviu o plan. Xunto con Arne Carlsson, home nado e criado en Fårö e o responsable da fotografía fixa de Bergman durante moitos anos seguidos, comezou a deseñar o bosquexo do filme. Arne Carlsson, que aprendera a arte da fotografía de Sven Nykvist, propuxo comparar as ateigadas praias de Sudersand no verán coa vacuidade total doutros momentos do ano.
“Arne e mais eu pensabamos que a esquizofrenia arredor de Fårö era algo digno de documentar”, di Ingmar Bergman.