![Dios es mujer y se llama Petrunya](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/dios_1.jpg?itok=vRTH7Y8N)
Dios es mujer y se llama Petrunya
Gospod postoi, imeto i'e Petrunija
Zorica Nusheva, Labina Mitevska
- 100 minutos
En Stip, unha pequena vila de Macedonia, cada mes de xaneiro celébrase unha festividade atávica. Un dos sacerdotes de maior rango eclesiástico guinda unha cruz á auga e un grupo de homes ten que buscala. A tradición di que aquel que a tope ha ter para sempre prosperidade e fortuna na vida. Este ano acontece algo sorprendente. Unha muller, Petrunya, é quen a encuentra. Como viven nunha sociedade baseada en vellos códigos morais, a comunidade de homes anóxase. Como é posible que unha muller ouse facer o mesmo ca eles e, por riba, tendo éxito no proceso? Con todo, Petrunya sentese a lexítima gañadora do concurso e non está disposta a devolver a cruz baixo ningún concepto. Baseada nunha anécdota histórica real acontecida en 2014, a cineasta macedonia Teona Strugar asume o necesario espertar e emancipación da muller en medio de costumes e ritos inequivocamente masculinos.
- Ano:2019
- Países de produción: Macedonia
- Guión: Teona Strugar Mitevska, Elma Tataragic
- Fotografía: Virginie Saint-Martin
- Montaxe: Marie-Hélène Dozo
- Produtora(s): Deuxieme Ligne Films, Entre Chien et Loup, Sister and Brother Mitevski, Spiritus Movens, Vertigo, Emotionfilm