Dilili en París
Dilili à Paris
- 95 minutos
No París da Belle Époque, Dilili, unha moza de Nova Caledonia, investiga unha serie de misteriosas desaparicións na compaña do seu amigo Orel. No curso da súa investigación encóntrase con múltiples personaxes extraordinarios que lle irán dando pistas e axudarana na súa busca.
Despois de Kirikou e Azur e Asmar, o mestre da animación Michel Ocelot volta cunha nova historia sobre esta heroína moza e afouta. Misterios e descubertas, secuestros e probas, lugares extraordinarios e encontros máxicos, en que o ben desafiará as forzas da escuridade.
- Ano:2018
- Países de produción: Francia
- Guión: Michel Ocelot
- Montaxe: Patrick Ducruet
- Produtora(s): Nord-Ouest Films, Studio O, Arte France Cinéma