Cría cuervos
Ana Torrent, Geraldine Chaplin, Conchita Pérez, Héctor Alterio, Florinda Chico
- 105 minutos
“Nuns anos coma os da transición en que o político pasa a primeiro plano, o cine de Carlos Saura reprégase cara un certo intimismo, manifesto en dous filmes como Cría Cuervos (1976) e Elisa, vida mía (1977). Na primeira retorna ao ambiente pechado dunha grande casona no centro de Madrid, onde unha nena orfa de nai, Ana (interpretada por Ana Torrent, revelada en El espíritu de la colmena de V. Erice, 1972) xa adulta lembra as súas dúbidas e temores de infancia, cando cre ser a culpable da morte de seu pai durante o acto sexual coa súa amante, a muller dun amigo, e a súa vida posterior ao coidado da tía, sempre confrontada coa lembranza da nai. Outra volta un sensible filme de cámara envolveito na melodía da canción ¿Por qué te vas?, que cantada por Jeannette se converte nun hit internacional, que agora é capaz de traspasar fronteiras e converterse no primeiro grande éxito internacional do cineasta (…).” (José Enrique Monterde, “Carlos Saura”, Diccionario del cine iberoamericano. SGAE/Fundación Autor, 2011)
- Ano:1976
- Países de produción: España
- Guión: Carlos Saura
- Fotografía: Teo Escamilla
- Montaxe: Pablo G. del Amo
- Produtora(s): Elías Querejeta P.C.