
Corazón verde
A New Leaf
Walter Matthau, Elaine May, Jack Weston, George Rose, James Coco, Doris Roberts, Renée Taylor, William Redfield, Graham Jarvis, Jess Osuna, David Doyle
- 102 min.
Henry Graham, un playboy neoiorquino que dilapidou a súa fortuna, debe atopar unha forma de manter o seu estilo de vida extravagante. Decide casar cunha muller rica e, tras coñecer a Henrietta Lowell, unha torpe e adiñeirada botánica, sedúcea coa intención de matala tras a voda para herdar o seu diñeiro. Esta comedia negra, escrita e dirixida por Elaine May —que tamén protagoniza xunto a Walter Matthau—, combina humor excéntrico con momentos de tenrura, explorando a transformación dun home egoísta entre engano e redención.
- Ano:1971
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Elaine May, baseado no relato "The Green Heart" de Jack Ritchie
- Fotografía: Gayne Rescher
- Montaxe: Don Guidice
- Produtora(s): Elkins Entertainment, Aries Productions
-
Lost and found: A New Leaf (orixinal en inglés)
Ryan Gilbey (Sight & Sound, xullo de 2012)
Entrevista a Elaine May (orixinal en inglés, con subtítulos)
Julian Schlossberg (TCM)
Comentario do filme
Jonathan Rosenbaum (catálogo da Viennale, 2022)
A hilarante e tensa ópera prima de Elaine May é a única que difire substancialmente do que ela pretendía. A súa primeira montaxe, de tres horas de duración, incluía dous asasinatos cometidos polo antihéroe (Walter Matthau), que mataba un chantaxista e un avogado corrupto (Jack Weston), e que o estudio suprimiu. A ironía é que o personaxe de Matthau -un patán egocéntrico que esgota a súa herdanza e busca unha noiva rica á que poida asasinar para manter os seus luxos (para iso atopa a unha botánica torpe e descoidada, hábilmente interpretada por May)- non é o tipo de persoa que un espera que esperte tales emocións, mesmo sen os dous asasinatos. Pero como especialista en crear monstros adorables, depredadores e inocentes por igual, May está claramente á altura do reto. A lectura do relato curto de Jack Ritchie The Green Heart que ela adaptou aclara a comedia moito máis negra que tiña en mente, que só chegaría ao seu doce final tras máis desafiantes incomodidades no camiño. E o que ela engadiu a esta historia -como Ferreri, o mordomo e tío do antihéroe, e dúas noivas potenciais que preceden á botánica- pode importar tanto como o que o estudio eliminou.