Cocinando en el fin del mundo
Pepe Solla, Xosé Cannas, Javier Olleros, Beatriz Sotelo.
- 93 min.
Unha prestixiosa asociación de cociñeiros de Galicia, o Grupo Nove, debate sobre o seu futuro ante a mudanza de escenario pola crise. Da súa man, emprendemos unha viaxe pola cociña galega; a nova e a tradicional, a de antes e a de despois do prato, a de diante e a de atrás dos fogóns, a do mar e a da terra, a do éxito e a do sacrificio. Os protagonistas, produtores, cociñeiros e outros profesionais que se debaten entre estas dualidades e tratan de dar pulos a unha cociña de futuro máis aló dos clixés: A revolución sixilosa da nova cociña galega.
Un retrato realista de Galicia que tenta desentrañar o feble equilibrio entre tradición e modernidade nun territorio inzado de contrastes, e que descobre a súa polifacecia mediante un dos indicadores culturais máis significativos: a gastronomía.
- Ano:2015
- Países de produción: España
- Guión: Alexandre Cancelo
- Fotografía: David Blanco
- Montaxe: Alberto Baamonde
- Produtora(s): Esmerarte