
Chartres Series
Chartres Series
- 9 minutos
Hai un ano e medio o realizador Nick Dorsky, ao escoitar que ía a Francia, insistiu en que tiña que ver a catedral de Chartres. Eu, que estudara libros ilustrados das súas grandes vidreiras policromadas, escultura e arquitectura durante anos e xa lera o gran libro de Henry Adams tres veces, aceptei encantado e tiven unha experiencia de varias horas (na discreta compañía do realizador francés Jean-Michele Bouhours) que de seguro transformou a miña estética máis que calquera outra experiencia en particular. Despois morreu a irmá de Marylin; e eu, que non podía asistir ao funeral, sentei só e un día comecei a pintar sobre celuloide, con esta morte en mente... Chartres na mente. Oito meses despois completei a pintura en catro peliculiñas que conforman unha suite en homenaxe a Chartres e dedicadas a Wendy Jull.
(Os meus agradecementos a Sam Bush, de Western Cine, que colaborou comigo nisto, como se eu fose un compositor que lle ofreceu unha partitura pintada, por así dicilo, e unhas poucas instrucións – un manuscrito medieval, podería un dicir – e el foi os músicos que a tocaron). (Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1994
- Países de produción: Estados Unidos
- Fotografía: Stan Brakhage
- Montaxe: Stan Brakhage