Cena a las ocho
Dinner at Eight
Marie Dressler, John Barrymore, Wallace Beery, Jean Harlow, Lionel Barrymore
- 113 min.
A muller do propietario dunha empresa de navegación organiza, para facer relacións, unha suntuosa cea co que ela cre xente distinguida.
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Cena a las ocho
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.John e Lionel Barrymore en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Cena a las ocho
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.John e Lionel Barrymore en...
- Ano:1933
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Frances Marion, Herman J. Mankiewicz (Obra: George S. Kaufman, Edna Ferber)
- Fotografía: William H. Daniels
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»
Carlos Losilla
(...) Estas subtis interrelacións entre realidade e apariencia, entre verdade e mentira, acaban extendéndose, mesmo, á utilización dos actores no entramado global do film. E evidente que tanto Marie Dressler como Wallace Beery ou Jeon Harlow, por exemplo, superponen as súas características físicas e persoais ás dos papeis que interpretan, chegan a fusionarse con eles de tal xeito que a veces resulta dificil dilucidar se o que Cukor pretende é descubrir o actor que hai debaixo do personaxe ou viceversa. Pero son os casos de John e Lionel Barrymore os máis ricos e evidentes neste sentido. No súa incorporación do actor envellecido e alcoólico o primeiro, e do elegante cabaleiro tiranizado por unha esposa displicente e frivola o segundo, ambos non só diron o mellor de si mesmos, senón que ademais souberon usar a autobiografia como un elemento máis do drama, algo que sen dúbida satisfixo enormemente a Cukor. A través das súas respectivas composicións, a herencia do teatro convértese un pouco máis en cine e o cine, finalmente, en vida.