Breathless
- 86 min.
“O 28 de novembro de 2023 conducín desde a miña casa en Pine Flat, California, cruzando a montaña Great Western Divide, ata a parte alta do río Kern. Fun filmar unha árbore. As follas eran de cor laranxa. En poucos minutos comezaron a suceder cousas que non planeara. Pensei: "Merda". Nos últimos anos, varios incendios forestais arrasaron esta zona. O que estaba a suceder debíase a iso. Empecei a gravar. E entón atacáronme desde o aire. Xogos de guerra.
A miña película ía ser unha obra non narrativa da mesma duración que Sen alento*, de Godard, pero ao final acabou sendo outra cousa. Deixa sen alento”. – James Benning
* O título en español é Al final de la escapada, À bout de souffle no orixinal e Breathless en inglés [literalmente, Sen alento]. Benning realiza un xogo de palabras.
- Ano:2023
- Países de produción: Estados Unidos