Baby Ryazanskie [As campesiñas de Ryazan]
Raisa Puzhnaya, Georgi Bobynin
- 88 minutos
Olga Preobrazhenskaya (1881-1971) foi unha actriz nacida en Moscova e moi popular no cine ruso prerrevolucionario, en que fixera a súa estrea en 1913. En 1916 conseguiu realizar a súa ópera prima como directora, Baryshnya-Krestyanka. Na década dos 20 dirixiu varias películas de temática infantil. Porén, a súa película máis coñecida é Baby ryazanskie (Las campesinas de Ryazan ou La aldea del pecado, como se titulou en moitos países). A partir dos 40 a súa carreira interrompeuse, ao parecer como consecuencia das purgas estalinistas.
Anna, orfa, vive coa tía Aliona en Ryazan (Rusia). Un día coñece a Wassily e o seu fillo Ivan. Wassily quere casar o fillo, así que organiza unha reunión para que coñeza a todas as mozas solteiras da vila. O destino volverá unir os camiños de Anna e Ivan.
-
Pioneiras do cine (I)
Baby Ryazanskie [As campesiñas de Ryazan]
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
-
Cineclube Valle-Inclán
Baby Ryazanskie [As campesiñas de Ryazan]
Versión lingüística:VOSGFormato:HD
- Ano:1927
- Países de produción: Rusia
- Guión: Boris Altshuler, Olga Vishnevskaya
- Fotografía: Konstantin Kuznetsov