![9 fugas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/9_fugas.jpg?itok=_xuyV9oZ)
9 fugas
María Rojo, Olga Cameselle, Noelia Castro
- 85 minutos
Iniciado na longametraxe con Contrafaces (2015) e ao tempo prestixioso curtametraxista, Fon Cortizo establece neste filme premiado no Festival de Xixón 2020 unha exploración fílmica magnética. Con atracción por personaxes singulares e polos xogos coa estrutura do relato, elabora unha narración embebida de mar, sorprendente e misteriosa, poboada por unha moza traballadora dunha lonxa, un barco silandeiro e un grupo de improvisadores que pescudan nos sons do pasado para sacar á luz tres relatos esquecidos.
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Fon Cortizo
- Fotografía: Javier Álvarez
- Montaxe: Óscar Pardo, Kuto Anikulapo
- Produtora(s): Alexandre Cancelo, Fon Cortizo