
13 estampas da traizón
Mateo Franco, Luisa Doval, Hernán Cubillo
- 15 minutos
13 estampas da traizón é un documental que vira arredor do álbum de debuxos Trece estampas de la traición, que Luis Seoane realizou desde o exilio arxentino, en plena Guerra Civil, co obxectivo de recadar fondos para a Frente Popular de España. A curtametraxe parte da denuncia que o artista galego fai dos responsables do golpe de estado de 1936 e a consecuente situación sufrida pola poboación civil e analiza -dende unha poética contemporánea- o contexto histórico en que se publicou a obra, así como as circunstancias biográficas que determinaron a postura política, ética e estética do autor.