
10 de marzo
- 80 min.
A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol, miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.
O filme aborda todo o proceso de penetración das Comisións Obreiras e do Partido Comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a súa repercusión internacional, así como o chamado “Proceso dos 23”, onde os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde.
Mergullando ao espectador nun relato tan trepidante como emotivo, 10 DE MARZO reconstrúe a través de entrevistas cos protagonistas, materiais de arquivo audiovisual inédito e ficcións de época, uns feitos que supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega no enfrontamento coa ditadura.
- Ano:2022
- Países de produción: España
- Guión: Roi Cagiao, Iñaki Varela
- Fotografía: Damián Varela
- Montaxe: Damián Varela, Roi Cagiao
- Produtora(s): Arthur Gordon
-
Roi Cagiao: “Os valores hexemónicos desta sociedade son os do consumismo e o individualismo”
Entrevista en Enfoques
Tráiler do filme
Avance cinematográfico