Ossos
Ossos
Vanda Duarte, Isabel Ruth, Nuno Vaz, Inês de Medeiros.
- 94 min.
A primeira película que Pedro Costa rodou no deprimido barrio lisboeta de Fontainhas é o retrato dunha familia tan mergullada na miseria que ata chega a concibir vender o seu bebé. O filme significou o recoñecemento mundial de Pedro Costa, mais tamén a separación do director e do produtor Paulo Branco e a ruptura co cinema entendido como industria.
- Ano:1997
- Países de produción: Portugal
- Guión: Pedro Costa
- Fotografía: Emmanuel Machuel
- Produtora(s): Madragoa Films, Gemini Films, Zentropa Productions