Festival convidado: 25 FPS (Zagreb, Croacia)
VV.AA.
78'. 35mm/16mm/vídeo. Presentación. Entrada de balde.
FESTIVAL CONVIDADO: 25 FPS
(1973-2011)
Dirección: VV.AA. Duración: 78 minutos.
25 FPS é un festival de antecedentes atípicos, pois as súas raíces brotan do formato televisivo. Celébrase na capital croata, Zagreb, cidade que ten ás súas costas unha tradición de cincuenta anos na exhibición de cine de vangarda, tradición que o 25 FPS ven continuando dende hai unha década. Cun programa centrado nas formas inestables e que se leva a cabo nestes inestables tempos post-transicionais, esa inestabilidade é a fonte do seu crecemento e desenvolvemento.. Permitíndonos unha ampla interpretación da experimentación fílmica e regresando a súa historia continuamente, construimos un modelo orgánico e inorgánico a partes iguais para manter vivo o festival no seu ciclo anual. Esta foi a idea que nos guiou no momento de seleccionar estes traballos, que nos lembran ao frondoso enramado de consideracións que é a nosa programación, e do que brotou esta visión sobre o magnífico xardín que estamos a sementar á nosa porta. Inclúe unha peza de Apichatpong Weerasethakul.