
Faustfilm: An Opera Part 1+ Faust's Other: An Idyll
Stan Brakhage, 1987-1988
89'. 16mm
Faustfilm: An Opera Part 1
(Estados Unidos, 1987)
Stan Brakhage, cor, son, 16 mm. Dur: 44'.
Unha colaboración entre o compositor Rick Corrigan e Stan Brakhage, que conta con Joel Haertling no rol de Fausto, Gretchen LeMaistre como Gretchen, Phillip Hathaway como o amigo de Fausto e Paul Lundahl como o servente. Esta é realización dun soño de 30 anos (consérvanse convocatorias de bolsas e fragmentos do guión dos cincuenta publicados no libro de Brakhage, Metaphors on Vision), un desexo dun mozo cineasta de filmar un Fausto “moderno” (en oposición directa cos Faustos tradicionais) que finalmente se veu completado de forma tan impredicible como absoluta, resultado de trinta anos de experiencia vital.
Faust's Other: An Idyll
(Estados Unidos, 1988)
Stan Brakhage, cor, son, 16 mm. Dur: 45'.
FAUST PARTE 2 revela o Fausto moderno nun interludio romántico, un idilio (do grego idein, “ver”); tamén, unha viaxe ao iso. Un sentido de historia infírese a través dos complexos entrelazados de xestos humanos, expresións, e o movemento corpóreo no desenvolvemento rítmico e as vibrantes cambiantes cores, creando múltiples niveis de sentido metafórico. Un traballo colaborativo con pinturas de Emily Ripley e a banda sonora de Joel Haertling.
Canyon Cinema