
FAT CITY
John Huston, 1972
96’. Subtítulos en castelán.
FAT CITY
(Estados Unidos, 1972)
Dirección: John Huston. Guión: Leonard Gardner, baseado na súa propia novela. Produción: John Huston e Ray Stark para Columbia Pictures Corporation, Rastar Pictures. Fotografía: Conrad Hall. Intérpretes: Stacy Keach, Jeff Bridges, Susan Tyrrell, Candy Clark, Nicholas Colasanto. Duración: 96 minutos.
Emotivo canto ás vidas errantes e derrotadas localizado no emblemático microcosmos do boxeo. As relacións nunha humilde cidade entre un alcohólico que intenta volver ao ring e un rapaz aspirante a púxil. A sutil sequidade expresiva, unha abertura inesquecible, secuencia exemplar apoiada pola canción “Help me make it through the night” de Kris Kristofferson, e as excelentes interpretacións de Stacy Keach, Jeff Bridges e Susan Tyrrell acreditan unha das obras mestras do seu autor.