
FAST COMPANY
David Cronenberg, 1979
91´. Vídeo. Subtítulos en galego.
FAST COMPANY
(Canadá, 1979)
Dirección: David Cronenberg. Guión: Courtney Smith, Phil Savath, David Cronenberg, sobre unha obra de Alan Tree. Produción:Quadrant Films, coa participación de Canadian Film Development Corporation (CFDC). Fotografía: Mark Irwin. Intérpretes: William Smith, Claudia Jennings, John Saxon, Nicholas Campbell, Judy Foster. Duración: 91 minutos.
Lonnie Johnson, piloto principal da escudaría automobilística “Fast Company” atopa un duro rival en Gary Black. Por riba, parece que alguén está empeñado en sabotar o seu coche. A película descoñecida na filmografía de Cronenberg, un título de acción con corruptelas e atentados varios no que se aproxima a unha das súas paixóns, os coches e a velocidade, ao tempo que consegue un equipo técnico de colaboradores (montaxe, son, fotografía, dirección artística) estable, que o acompañará no resto da súa traxectoria.