THE FALL
Peter Whitehead, 1969
120´. Vídeo. Subtítulos en galego.
THE FALL
(Gran Bretaña-Estados Unidos, 1969)
Dirección, guión e fotografía: Peter Whitehead. Produción: Lorrimer Films. Duración: 120 minutos.
As revoltas estudantís no campus de Columbia (Estados Unidos) e os disturbios raciais de New Jersey permiten a Whitehead desenvolver a súa metodoloxía de innovación formal, ben fornecida nunha invariable esixencia política: a necesidade dun radical esborrallamento do sistema. Cumio da súa obra, un filme moi persoal que coincide co asasinato de Robert Kennedy e onde polas súas imaxes asoman, entre outras, as faces do dramaturgo Arthur Miller, o dirixente político Tom Hayden (un dos “7 de Chicago” e posterior marido de Jane Fonda) e un novo estudante universitario chamado Paul Auster.