Fálame do silencio+ Acaricie a Poupette
VV.AA. 2015
30'. DCP. Presentación. Entrada de balde
Fálame do silencio
(España, 2016)
Dirección e guión: Lois Blanco. Fotografía: Alberte Branco. Intérpretes: Mateo Franco, Daniela Rodas. Dur.: 15 min.
Marta e Roberto levan un tempo con problemas de parella. Non saben que facer coa súa vida porque están rematando de estudar e viven pendentes, ela dunha bolsa que remata axiña e el soamente de traballos esporádicos, temporais e mal pagados que xorden en contadas ocasións. Isto condúceos a reflexionaren sobre o futuro e tamén sobre a capacidade de sosteren a súa propia relación. Amence na cidade de Pontevedra e veremos se o estrés e a inestabilidade van poder ou non coa forza de vontade dunha xeración que busca o seu sitio, tanto dentro como fóra da casa.
Acaricie a Poupette
(España, 2016)
Dirección e guión: Guillermo Arias-Carbajal Alonso. Fotografía: Ledicia Bellón. Intérpretes: Antonio Aguilar, Isabel Naveira, Diana González. Dur.: 15 min.
Pier (35) e Poupette (5) non son dono e mascota, son amigos e compañeiros de vida. A pequena floraría que rexenta o primeiro é un negocio pequeno e moi querido entre os veciños do barrio. A través dela, chegan á vida dos dous protagonistas Cristina (34) e Lucía (28), as dúas mulleres que teñen, sen o saber, unha relación con Pier, malia estaren todos namorados do mesmo: Poupette.