
La Galice. Jean Dieuzaide
-
Do 27 setembro ao 30 novembro de 2007
Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia, Vigo
A exposición La Galice mostra 65 fotografías tomadas por Jean Dieuzaide en 1958 e 1961 en Galicia. É unha selección do arquivo privado do autor, conservado na súa residencia de Toulouse que amosa a vida nas vilas e cidades, no campo e nas rías, dunha Galicia previa ao desenvolvemento que conservaba moitos dos seus singulares sinais de identidade.