
Incursións. Fernando Páez
-
Do 6 outubro ao 22 novembro de 2005
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
Nas fotografías incursivas do pintor e fotógrafo Fernando Páez (Ribadeo, Lugo 1953) a cámara entra no territorio familiar máis íntimo, cun estudo profundo, respectuoso e tranquilo sobre a vellez. Tamén observa como en certos espazos urbanos, sempre básicos, socialízase a persoa en momentos e situacións intemporais que se repiten cada día. O fotógrafo revisítaos e contémplaos, desde fóra, con mirada de adulto e mesmo, diríase, de intruso.