
Francois Mechain. Exercicio das cousas
-
Do 2 xuño ao 17 xullo de 2005
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
"...Os traballos que se poden ver aquí representan os dous períodos máis recentes da miña traxectoria. Hai que aprecialos a partir da noción de in situ. Na serie de “Esculturas-ficción” (1987 –1989) cuestiono xa o seu contido. Recollidos, inscritos nun repertorio, reorganizados nun lugar, nun tempo e segundo unha certa orde, o vexetal constitúe a materia de base das miñas esculturas. Non embargante non se trata aínda do “exotismo” das grandes viaxes. En efecto, todas estas esculturas naceron no meu contorno máis próximo. Teñen o gusto e o olor da veciñanza pois saíron de lugares que frecuentaba entón case diariamente. Lugares que sabería percorrer a cegas e materiais que coñezo profunda e instintivamente. Tratábase simplemente de ordenar...."
Francois Mechain