
Fotografía en Galicia no século XIX
-
Do 27 novembro ao 11 xaneiro de 2004
Pazo de Fonseca, Igrexa da Universidade. Santiago de Compostela
Repertorio da fotografía en Galicia no século XIX a través dunha selección de 300 imaxes procedentes de coleccións privadas e institucións públicas e privadas galegas. Móstrase en dous espazos claramente diferenzados: no Colexio de Fonseca exhíbense, baixo o título de “A luz universal”, paisaxes, vistas, imaxes científicas e acontecementos sociais e políticos; na Igrexa da Universidade a “Galería de Retratos” reúne as fotografías de estudo, tanto de personaxes anónimos como outros de relevancia cultural e histórica,
realizadas por fotógrafos de toda Galicia.