DE HOMES... E MULLERES. DIONISIO TASENDE. Fotografías 1955-1979
-
Do 24 abril ao 29 xuño de 2014
Museo de Belas Artes, A Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e máis do CGAI/Filmoteca de Galicia en colaboración co Museo de Belas Artes organizan esta mostra.
Comisariada polo prestixioso fotógrafo galego José Caruncho, representa unha aproximación ás imaxes inéditas do fotógrafo galego Dionisio Tasende (A Coruña 1918-2010). Unha mostra extensa e representativa, acompañada dun ilustrativo catálogo de similar título, que permite seguir coa labor de difusión do patrimonio fotográfico galego.
Fotógrafo adscrito á FIAP (Fédération Internationale de L'Art Photographique), organismo especializado recoñecido pola UNESCO, a obra de Tasende se distingue polo valor do retrato, a meticulosidade e habillidade para construir escenas onde a figura humana é primordial e, no caso que ocupa ás 81 fotografías en B/N da mostra, as estampas do traballo se erixen na esencia.