A esteticista/ La esteticista
Sergio Oksman, 2004
96'. Vídeo. Subt. Castelán.
A ESTETICISTA / LA ESTETICISTA
(Brasil, 2004)
Dirección e guión: Sergio Oksman. Dur.: 96'.
O médico nazi Joseph Mengele dedicou parte dos seus experimentos con seres humanos a comprobar que as mulleres rubias teñen un nivel diferente de sensibilidade. Cóntanolo Emmy Blum, rubia de 76 anos que traballa como esteticista en São Paulo. Deportada de Hungría en 1944, viu a Mengele por primeira vez no patio principal de Auschwitz. Semanas máis tarde, transformaríase nunha das súas cobaias. Logo da guerra, os seus pasos volveríanse encontrar no Brasil.