Esta tierra es mía / This Land is Mine
Jean Renoir, 1943
103'. 35mm. Subt. Castelán
Esta tierra es mía / This Land is Mine
(EEUU, 1943)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Dudley Nichols e Jean Renoir. Intérpretes: Charles Laughton, Maureen O’Hara, George Sanders, Walter Slezack. Dur.: 103'.
Nalgún país da Europa ocupada, Albert Lory, un profesor de mediana idade, refuga calquera modo de implicación política e acepta resignado a ocupación nazi. Lory está domeado pola súa posesiva nai e secretamente namorado de Louise Martin, outra profesora do colexio, prometida cun enxeñeiro que colabora cos nazis. “This Land is Mine, a pesar da súa posta en escena clásica, dunha prudencia pouco habitual en Renoir (…), é un filme moi fermoso en que se recoñece inmediatamente ao noso autor aínda que non sexa máis que no personaxe e na interpretación de Charles Laughton, tan característica do realizador, como a de Pierre Renoir en La Marsellesa.” (François Truffaut)